Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/12-1, no concello de Val do Dubra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada enlace LMT NEG-807 LMT NEG-803, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2015/12-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe rerritorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/12-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: enlace LMT NEG-807 LMT NEG-803.

Concello: Val do Dubra (A Coruña).

Predio

Titular proposto/a

Incidencia

Data do acto

Horario

9

Carmen Viña Fernández

Domicilio ignorado

13.4.2016

10.30

10

Carmen Viña fernández

Domicilio ignorado

13.4.2016

10.30

15

Carmen Viña Fernández

Domicilio ignorado

13.4.2016

1030

38

Julio Fernández e Mª Carmen Bardanca Romero

Domicilio ignorado

19.4.2016

10.30

60/1

Alcira Baleato Negreira

Domicilio ignorado

21.4.2016

11.00