Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9258

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de coordinador/a xeral desta institución.

A valedora do pobo, logo de concluído o procedemento para a provisión do posto de coordinador xeral da institución do Valedor do Pobo (convocatoria e bases publicadas no BOPG núm. 575, do 22 de decembro de 2015 e DOG núm. 245, do 24 de decembro), resolve nomear para o dito posto a María Beatriz González Moreno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a valedora do pobo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

Milagros María Otero Parga
Valedora do pobo