Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2016 Páx. 9259

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de secretario/a xeral desta institución.

A valedora do pobo, logo de concluído o procedemento para a provisión do posto de secretario/a xeral da institución do Valedor do Pobo (convocatoria e bases publicadas no BOPG nº 575, do 22 de decembro de 2015, e DOG nº 245, do 24 de decembro de 2015), resolve nomear para o dito posto a Fernando Luis de Andrés Alonso.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a valedora do pobo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

Milagros María Otero Parga
Valedora do pobo