Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8857

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data da sinatura

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

Articular a colaboración do Issga coa Universidade da Coruña na realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na universidade

0,00 €

2.9.2015

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental

Articular a colaboración do Issga coa Universidade de Santiago de Compostela na realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na universidade

0,00 €

25.9.2015