Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2016 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador DH.D36.50380 en materia de verteduras de augas residuais

Con data do 18 de xaneiro de 2016 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Jesús Manuel Dono Iglesias (t.m. A Estrada) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia