Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Oroso.

O 28 de xaneiro de 2016 o Pleno do Concello de Oroso adoptou este acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso nos termos que constan no expediente e co fin de dar cumprimento á sentenza ditada pola Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 4171/2005.

Segundo. Iniciar un período de información pública do expediente durante 2 meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Proceder á suspensión do outorgamento de licenzas prevista no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Cuarta. Darlles audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo de información pública e que se proceda a solicitar os informes aos organismos afectados por razón das súas competencias sectoriais, os cales deberán emitilo no prazo dun mes, agás que unha disposición autorice un prazo máis longo».

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte a que se publique este anuncio no DOG.

A documentación do expediente está ao dispor do público na Oficina Municipal de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Oroso, 5 de febreiro de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde