Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a notificación do inicio do trámite de audiencia dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e nos artigos 41, 52, 53, 54, 55, 73 e 75 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificado.

Nº de expediente: 2003/206-2.

Interesado: Juan Carlos Lamas Reboredo (DNI 15354169J).

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.

Lugo, 10 de febreiro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo