Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a resolución ditada polo xefe territorial á persoa interesada que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 do Código civil e nos artigos 41, 52, 53, 54, 55 e 61 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

A persoa interesada poderá interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio, no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificado.

Nº de expediente: 2015/101-2.

Interesado: Manuel Cela Sangil (DNI: descoñecido).

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: resolución ditada polo xefe territorial de data 29 de xullo de 2015.

Lugo, 10 de febreiro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo