Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2015/51-2, 8245 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: subestación de Magazos 132/20 kV. Renovación do parque de 20 kV e reforma do sistema de control 132/20 kV.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

• Fase 1. Implantación do novo sistema de 20 kV consistente en:

– Reforma da actual sala de reparación de transformadores, que pasará a ser a nova sala de celas.

– Montaxe do novo sistema de 20 kV formado por 18 celas blindadas en SF6 en configuración en simple barra.

– As celas que compoñen o novo sistema de 20 kV son:

Dúas posicións de transformador.

Once posicións de liña.

Unha posición de servizos auxiliares.

Dúas posicións de medida de barras.

Unha posición de partición de barras.

Unha posición de remonte de barras.

– Montaxe dun novo transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia.

• Fase 2. Conexión do novo sistema de 20 kV consistente en:

– Ampliación da actual canalización de saída de liñas.

– Realización de novas canalizacións de media tensión.

– Realización das novas canalizacións para os cables de media tensión de unión dos trafos 1 e 2 coas súas celas de 20 kV.

– Tendido de novos cables de media tensión.

– Ampliación dos tramos de cable de media tensión ata as novas celas.

– Conexión unha a unha das novas posicións.

– Desmontaxe do sistema antigo de celas de 20 kV.

• Fase 3. Renovación do sistema de control 132 kV consistente en:

– Reforma da antiga sala de 20 kV, que se dedicará a nova sala de control.

– Montaxe dos novos armarios de control.

– Reforma do sistema de control e forza.

– Desmontaxe dos armarios de control, protección, medida, distribución de CA e CC que quedan fóra de servizo.

– Desmontaxe dos armarios do telemando que quedan fóra de servizo.

Cumpridos os trámites ordenados no Real decreto 337/2014, do 9 de maio (BOE núm. 139), polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 25 de febreiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo