Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Paderne (expediente IN407A 2015/217-1).

Expediente: IN407A 2015/217-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: adecuación da LMT PED-706 e CT Gunduriz (15A403).

Concello: Paderne.

Feitos:

1. O 16 de xullo de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea PED-706, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en apoio metálico que se instalará en substitución dun existente, actual derivación ao CT particular da Cooperativa del Plantel, condutor tipo LA-56 mm2, e final en apoio de formigón proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CTC Gunduriz, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, coa orixe en apoio de formigón proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3×240 Al, e final en cela de liña que instalará en novo CTC Gunduriz (proxectado).

– Novo centro de transformación prefabricado Gunduriz, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 8.9.2015.

– DOG: 5.10.2015.

– BOP: 22.9.2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 16.12.2015.

– Taboleiro de anuncios do concello: do 19.10.2015 ao 21.10.2015.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello indícase que non se formularon alegacións.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

– Mª Teresa Fernández Fernández (predio nº 2), mediante escrito presentado o 20 de outubro de 2015, solicita que se consideren afectados na solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública José-Luis Romay Fernández e Julio Romay Fernández ao seren nus propietarios do predio nº 2.

– El Plantel Comarcal de Betanzos, S.C.G. (predios nº 1 e 3), mediante dous escritos recibidos o 29.9.2015, informa que está pendente de que Unión Fenosa lle traslade unha oferta económica co fin de chegar a un acordo económico.

Destas alegacións déuselle traslado ao promotor, que contestou:

– Escrito recibido o 6 de novembro de 2015, no cal se valoran as alegacións presentadas por Mª Teresa Fernández Fernández (predio nº 2), en que, en síntese, manifesta o seguinte:

• Corríxese a titularidade do predio nº 2 segundo o indicado.

• Entende que se lle debe notificar individualmente aos novos titulares.

– Escrito recibido o 16 de outubro de 2015, no cal se valoran as alegacións presentadas por El Plantel Comarcal de Betanzos, S.C.G. (predios nº 1 e 3), en que, en síntese, manifesta o seguinte:

• Puxéronse en contacto co propietario das parcelas e non foi posible acadar un acordo económico. O prezo xusto que corresponde aos predios será establecido no seu momento polo Xurado de Expropiación de Galicia, logo da elaboración das correspondentes follas de valoración polas partes interesadas.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos:

– Concello de Paderne: consta informe favorable aceptado polo promotor.

6. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A., cómpre sinalar:

– Procede atender a solicitude realizada por Mª Teresa Fernández Fernández (predio nº 2), e notifícase de xeito individual a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública a Julio Romay Fernández e a José Luis Romay Fernández, para que aleguen o que consideren oportuno.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude a que se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as hai, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e a posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña