Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifica o traslado do recurso número RA/VI/2014/00022, devolto polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Noemí Balaguer Martín o traslado do recurso de alzada núm. RA/VI/2014/00022, interposto por María Luisa Prado García e José Manuel Rodríguez Rivera contra a resolución do expediente sancionador LU-68/2012.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a documentación referida na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos Edificios Administrativos de San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda