Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (20/2016).

ETX execución de títulos xudiciais 20/2016

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 354/2014

Executante: Víctor Tubío Rey

Executada: Hipescar, S.L.

Cédula de citación:

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 20/2016.

Empresa que se cita: Hipescar, S.L. en calidade de executada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición de executada á comparecencia sinalada.

Lugar en que debe comparecer: na sede deste tribunal, rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707.

Día e hora en que debe comparecer: 19.4.2016, ás 9.35 horas.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia da executada, debidamente citado, no impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, en caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá presentar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se ó o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Debe comunicar a esta oficina xudicial calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.4, parágrafo 1º da LAC).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

O/A secretario/a xudicial