Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Técnica de Fomento, pola que se notifica á persoa interesada a resolución de denegación relativa á subvención do Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentarse en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notificase á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución de denegación de subvención do Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Para estes efectos, infórmase de que o expediente de solicitude de subvención está ao seu dispor nas oficinas dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situadas en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

A eficacia deste acto queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2016

Andrés Iglesias López
Director técnico de Fomento

ANEXO

Expediente: VI437A 2015/15-0.

Nome: José M. Martínez Ardao.

Representante: Alicia Gómez Bala.

Dirección: r/ Curtidoira, nº 5, 1º B, 36003 Pontevedra.

Asunto: resolución de denegación de subvención.