Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015433PAOS-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 14 de xaneiro de 2016, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador núm. 2015433PAOS-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Bioinvest, S.L., con CIF B36489102.

Tras intentar a notificación desta proposta consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica a Bioinvest, S.L. o contido da dita proposta, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015433PAOS-PO.

Denunciada: Bioinvest, S.L., con CIF B36489102.

Último enderezo coñecido: rúa Juan Carlos I, núm. 2, 36004 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, e no Real decreto 1662/2000, do 29 de setembro, sobre produtos sanitarios para diagnóstico in vitro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Lei 29/2006, do 26 de xullo: artigo 2.6; artigo 68.1, 2 e 3, e o artigo 69.1 e 2.

– Real decreto 1662/2000, do 29 de setembro: artigo 13.3 e 4.

Tipificación: dúas infraccións administrativas graves, unha relativa aos produtos sanitarios e a outra ao medicamento, tipificadas como tales nos artigos 101 bis.b) 11ª e 101.b) 17ª da Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Sanción proposta: sesenta mil dous euros (60.002 €).