Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0100 e cinco máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 16 de febreiro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0100.

Interesado: Santiago Rivero Conchado.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0129.

Interesada: Dragos Mirel Plesca.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2016-0009.

Interesado: Nicusor Mustafa.

Acto notificado: acordo de iniciación.

Expediente: CO-RES-2016-0010.

Interesado: Gheorghe Surdu.

Acto notificado: acordo de iniciación.

Expediente: CO-RES-2016-0021.

Interesada: Limpezas Secope, S.A.

Acto notificado: acordo de iniciación.

Expediente: CO-RES-2016-0022.

Interesada: Contenedores Lembranza, S.C.

Acto notificado: acordo de iniciación.