Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da apertura do período de información pública do proxecto e do estudo de impacto ambiental da innivación artificial na estación de esquí de Manzaneda, nos concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives.

O proxecto de innivación artificial na estación de esquí de Manzaneda está suxeito ao procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinario, segundo a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro).

Conforme o artigo 36 da dita Lei 21/2013, sométese a información pública o estudo de impacto ambiental e o proxecto da innivación artificial na estación de esquí de Manzaneda durante trinta días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Durante este período calquera persoa interesada poderá consultar a documentación e, de ser o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Os documentos poderán examinarse nos seguintes lugares:

– A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con enderezo en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, planta baixa, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

– A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental), con enderezo en Ourense, r/ Paseo, 18, de luns a venres das 9.00 ás 14.00.

– A seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_impacto_ambiental_proxectos%2FSeccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_proxectos%2Fdinamico%2Flistado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica%2F&clase=Xestion%2FProxecto_aap%2FTipo_proxecto%2FIP_AIA_ordinaria%2F

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: 2014/0135.

Solicitante: Meisa (Oca Nova Manzaneda).

Denominación: innivación artificial na estación de esquí de Manzaneda.

Concellos: Manzaneda e A Pobra de Trives (Ourense).