A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2016, a través da Resolución do 21 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:
a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.
b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
A partida orzamentaria con cargo á que se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.
O prazo e forma de presentación das solicitudes están regulados nos puntos 1 e 2 do artigo 7 da Resolución do 21 de decembro de 2015; no punto 3 deste mesmo artigo determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
O artigo 9 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 42 da Lei 30/1992.
Así mesmo, tamén se indica que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.
Polo exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou do teléfono indicado no artigo 22 da resolución de convocatoria (981 54 53 74).
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016
Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade
ANEXO
Relación de solicitudes suxeitas a emenda
Núm. expediente |
Entidade solicitante |
NIF |
Documentación requirida |
2016/000001-0 |
Asociación Alar Galicia |
G15775901 |
Anexo I e anexo II (a contía solicitada non coincide nos dous anexos) Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000004-0 |
Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico |
G94088549 |
Anexo II Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000006-0 |
Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural de Galicia-Afammer |
G32282584 |
Anexo II Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo) Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000009-0 |
Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down |
G36164887 |
Anexo II (non consta a contía solicitada) |
2016/000011-0 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
Anexo II Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000017-0 |
Federación de Asociacións de Mulleres Anaral |
G32362279 |
Anexo III (a temporalización do programa excede o período establecido na convocatoria) |
2016/000019-0 |
Asociación Érguete Baixo Miño |
G36124279 |
Acreditación da inscrición na área de igualdade do RUEPSS Anexo III (o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV) |
2016/000020-0 |
Asociación Diversidades |
G27783950 |
Acreditación da representación que ten a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade Anexo II (non consta a contía solicitada) Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000021-0 |
Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus |
G15681000 |
Anexo II Anexo III (o anexo presentado non contén datos) Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000034-0 |
Asociación Centinelas |
G70390745 |
Anexo II debidamente asinado polo secretario e pola representante legal Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000035-0 |
Unión General de Trabajadores de Galicia-UGT Galicia |
G15383011 |
Anexo II debidamente asinado pola secretaria e pola representante legal Anexos IV (debidamente asinados polo/a profesional e pola representante legal) |
2016/000039-0 |
Fundación Mujeres |
G80974702 |
Anexo II (debidamente asinado pola secretaria e pola representante legal) Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo; o número de horas supera o máximo establecido para un único profesional) Anexo IV (o número de horas supera o máximo establecido para o período de 9 meses e inclúe tarefas non subvencionables) |
2016/000040-0 |
Asociación de Empresarias de A Coruña |
G15156573 |
Anexo II Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000046-0 |
Asociación Dignidad Galicia |
G15500853 |
Anexo I e II (indicar a contía solicitada, non horas) Anexo III (o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV) Anexo IV (na ficha número 3 falta o período e as horas de dedicación ao programa; o número de fichas non coincide co persoal relacionado no anexo III) |
2016/000047-0 |
Asociación Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
Aclaración respecto da concesión ou non doutras axudas para o programa solicitado Anexo III (concretar colectivo de acordo coa disposición adicional única; a temporalización do programa excede o período establecido na convocatoria; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV; o número de usuarias debe ser proporcional ao número de horas totais) Anexos IV (fichas mal temporalizadas e a ficha número 2 inclúe tarefas non subvencionables) |
2016/000048-0 |
Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste-Affinor |
G70136841 |
Acreditación da inscrición na área de igualdade do RUEPSS Anexo III (concretar colectivo de acordo coa disposición adicional única; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV) |
2016/000049-0 |
Down Ourense |
G32311870 |
Anexo I (falta a denominación do programa) Anexo II (falta a denominación do programa) Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV) |
2016/000051-0 |
Asociación de Viúvas María Andrea |
G32014334 |
Anexo I (falta a denominación do programa) Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000052-0 |
Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos |
G32369696 |
Anexo I (falta a denominación do programa) Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000054-0 |
Asociación Xuvenil Integrados |
G15973357 |
Anexo I (a denominación do programa non coincide coa indicada nos anexos II e III) Anexo IV |
2016/000056-0 |
Asociación Amicos |
G15747678 |
Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000059-0 |
ONG Ecos do Sur |
G15354483 |
Anexo I (falta a representación) Anexo II Anexo III Anexo IV (deben presentar un anexo por cada profesional) |
2016/000063-0 |
Asociación Berenguela pola Igualdade |
G70154794 |
Anexo III (debidamente cuberto: a memoria debe presentarse obrigatoriamente neste anexo tendo en conta, ademais, que deben concretar o colectivo de acordo coa disposición adicional única e temporalizar o programa con data completa; o número de horas totais non coincide coa suma das horas dos/as profesionais indicadas nos anexos IV) Anexo IV (nas fichas deben indicar claramente o período de dedicación ao programa; a suma das horas das profesionais non coincide co número de horas totais indicado no anexo III) |