1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, número 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.
2. Obxecto: a prestación do servizo do seguro obrigatorio de vehículos de motor do Concello de Pontevedra e os seus entes dependentes.
3. Procedemento e forma: aberto. Criterios de adxudicación: segundo o anexo II ao prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado: 161.000 € (inclúe o das posibles prórrogas).
5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal
7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.
– Mellor oferta económica: ata 60 puntos.
– Participación en beneficios por baixa sinistralidade: ata 20 puntos.
– Melloras ao prego de prescricións técnicas en canto a coberturas: ata 20 puntos (incremento capital garantía accidentes do condutor, inclusión da garantía transporte de mercadorías, inclusión garantía de roubo, incendio, retirada do permiso de conducir, responsabilidade civil da carga e vehículo de substitución por avaría e accidente).
Este contrato está condicionado á aprobación da modificación orzamentaria necesaria, segundo figura no expediente.
Pontevedra, 23 de febreiro de 2016
(P.D. do 13 de xuño de 2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Contratación e Facenda