Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de seguro de responsabilidade civil/patrimonial.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, número 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: a prestación do servizo do seguro de responsabilidade civil/patrimonial do Concello de Pontevedra e os seus entes dependentes.

3. Procedemento e forma: aberto. Criterios de adxudicación: segundo o anexo II ao prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado: 192.000 € (inclúe o das posibles prórrogas).

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

– Mellor oferta económica: ata 60 puntos.

– Melloras técnicas: ata 30 puntos (redución de franquías, incremento dos límites de indemnización por sinistro e ano e inclusión das garantías opcionais previstas no prego).

Este contrato está condicionado á aprobación da modificación orzamentaria necesaria, segundo figura no expediente.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2016

(P.D. do 13 de xuño de 2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Contratación e Facenda