Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de cesión temporal de predios na unidade de actuación número 5 de delimitación das normas subsidiarias de planeamento.

Con data do 26 de outubro de 2015 asinouse o convenio urbanístico de cesión temporal de predios sitos na unidade de actuación nº 5 de delimitación das normas subsidiarias de planeamento, entre o Concello de Cangas e a entidade Ponte do Río Bouzós, S.L., cuxo administrador único é a entidade Contratas y Comercio, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo pódese examinar o expediente no Concello-Departamento de Urbanismo, das 9.30 ás 13.30 horas, e presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Cangas, 7 de decembro de 2015

Xosé Manuel Pazos Varela
Alcalde