Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (21/2016).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Irene Rial Gey contra Andaina Servicios Sociais, S.L., se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Irene Rial Gey presentou escrito en que solicitaba a execución da sentenza nº 40/2015, con data do 12.2.2005 ditada no procedemento ordinario 769/11, fronte a Andaina Servicios Sociais, S.L.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución do título indicado concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e coa solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 8.986,33 euros en concepto de principal (6.743,44 euros en concepto de salarios + 2.242,89 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 898,63 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constriximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumpriu a obriga de manifestar bens ou se ocultaron elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal aboable en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, de procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou dende que o título quede constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se instasen, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o/a secretario/a xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 40/2015, do 12.2.2015, ditada no procedemento ordinario 769/11, a favor da parte executante, Irene Rial Gey, fronte a Andaina Servicios Sociais, S.L., parte executada, por importe de 8.986,33 euros en concepto de principal (6.743,44 euros en concepto de salarios + 2.242,89 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) máis outros 898,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1, aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial.

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto en que se despacha execución a favor de Irene Rial Gey fronte a Andaina Servicios Sociais, S.L. pola cantidade de 8.986,33 euros en concepto de principal (6.743,44 euros en concepto de salarios + 2.242,89 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 898,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, unha vez ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a secretario/a xudicial responsable dela ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se deba facer ao debedor nos casos en que o estableza a lei, e ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Andaina Servicios Sociais, S.L. co fin de que, no prazo de 10 días, aboe a cantidade de 8.986,33 euros en concepto de principal (6.743,44 euros en concepto de salarios + 2.242,89 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 898,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0021 16), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagar sobre eles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Andaina Servicios Sociais, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, aberta no Banco de Santander, S.A., debendo indicar, no campo concepto, a indicación recurso seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servicios Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial