Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (209/2015).

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 209/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Moure Rodríguez contra José Luis Piay González, sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

a) Declarar o executado José Luis Piay González en situación de insolvencia por importe de 5.855,30 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación a José Luis Piay González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

O secretario xudicial