Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (504/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 504/2015, por instancia de Enrique Suárez Castelo contra a empresa Joal Fénix, S.C., José María Prada López e Danny Soleto Rojas e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 28 de xaneiro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

Estímase a demanda interposta por Enrique Suárez Castelo contra a empresa Joal Fénix, S.C., José María Prada López e Danny Soleto Rojas, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Enrique Suárez Castelo efectuado pola empresa Joal Fénix, S.C., José María Prada López e Danny Soleto Rojas con data do 7 de abril de 2015.

– Condénase a empresa Joal Fénix, S.C., José María Prada López e Danny Soleto Rojas a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 526,13 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 14.205,51 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 47,83 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Joal Fénix, S.C., José María Prada López e Danny Soleto Rojas, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial