Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de febreiro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística PON/450/2015, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 30 de novembro de 2015, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na demolición dunha edificación existente e construción dunha edificación para uso residencial, na rúa da Barxa, barrio da Lagoíña, parroquia de Nigrán, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Juan Pérez Iglesias e Celsa Costas Salgueiro, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística