Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0428/2015-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0428/2015-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0428/2015-PPM.

Persoa interesada: Iván Insua Domínguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 6, Cee.

Expediente: PSC-CO-0435/2015-PRE.

Persoa interesada: Carlos Pérez Vidal.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Agra da Bragua, 36, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0445/2015-PPM.

Persoa interesada: Gonzalo Antonio Alonso Galán.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Ramón Navarro, 13-5º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0509/2015-PPM.

Persoa interesada: Samuel Lumbreras Campos.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa General Sanjurjo, 237.1º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0569/2015-PPM.

Persoa interesada: Jerónimo Campos Candal.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vicente Alexandre, bl. 3, esc. 2, P3-PB, A Coruña.