Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 8/2015).

Neste Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 8/2015.

Denominación: Rubián San Fiz (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Rubián San Fiz.

Parroquia: Rubián San Fiz.

Concello: Bóveda.

Superficie: 34,19 hectáreas.

Lindeiros:

Do polígono 21, parcela 416:

Norte: parcelas 192, 194, 195, 196, 198, 201, 202, 204 e 425 do polígono 21.

Sur: 9024 do polígono 21.

Leste: parcela 9032, estrada de Calvos ao Incio, camiño.

Oeste: parcelas 161 e 191 do polígono 21.

Do polígono 21, parcela 413:

Norte: parcelas 367 do polígono 21 e 645 do polígono 9 no concello do Incio.

Sur: parcela 9021, do polígono 21 (camiño).

Leste: parcelas 9019 e 9032 do polígono 21 (camiños).

Oeste: parcelas 425, 373, 375, 458, 376, 377, 378, 369, 368, 298, 251, 250, 366, 411 e 367 do polígono 21.

Do polígono 21, parcela 295:

Norte: parcelas 272, 271, 270, 269, 268, 267, 296 e 297 do polígono 21.

Sur: parcelas 206 e 208 do polígono 21.

Leste: parcela 298 do polígono 21.

Oeste: parcelas 209, 291, 292, 293, 294, 283, e 281 do polígono 21.

Do polígono 21, parcela 412:

Norte: parcela 645 do polígono 9 no concello do Incio.

Sur: parcelas 367 e 411 do polígono 21.

Leste: polígono 9, parcela 645 Serra de Abeceira, O Incio.

Oeste: parcelas 311, 332, 334, 423, 335, 336, 337, 338, 340, 341, 342, 343, 349, 446 e 366 do polígono 21.

Do polígono 21, parcela 410:

Norte: polígono 21, parcela 416.

Sur: polígono 21, parcela 416.

Leste: polígono 21, parcela 416.

Oeste: polígono 21, parcela 151.

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 30 de xuño de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro de 1989, de montes veciñais en man común (MVMC), mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

En conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de comparecer e intervir no expediente iniciado e formular, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten e achegar, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 15 de febreiro de 2016.

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo