Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7022

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar.

Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 31 de decembro de 2015, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) o servizo de mantemento da rede océano-meteorolóxica de Galicia.

– Actividade: a execución do servizo de mantemento da rede oceano-meteorolóxica de Galicia, de conformidade cos requirimentos técnicos e administrativos que figuran no texto da encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Fundación Cetmar a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2016 e remata o 31 de decembro de 2016.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. A súa eficacia queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas desta, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda, do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio