Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 25 de xaneiro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea J.G.A. XV.

Para os efectos de transmisión da batea J.G.A. XV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

1. O día 18.1.2016, Francisca Alcalde Neira, en representación da unidade de herdeiros de Serafín Ordóñez Domínguez, solicitou autorización para transmisión da metade da concesión administrativa e da batea J.G.A. XV.

2. O Servicio de Protección dos Recursos emite informe favorable.

b) Consideracións:

A lexislación aplicable é a Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia; o Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia; o Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG nº 97, do 22 de maio), e Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e o texto consolidado do 13 de xuño de 2015 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Vistas as disposicións citadas esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa a favor de Francisca Alcalde Neira (33076260Y) 1/2 privativo, da concesión administrativa e da batea que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.G.A. XV.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 22.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 10.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: Serafín Ordóñez Domínguez e Francisca Alcalde Neira (33076304G-33076260Y) 100 % gananciais.

Nova titular: Francisca Alcalde Neira (33076260Y) 100 % privativa.

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña