Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as modificacións e disolucións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde da Consellería Agricultura, Gandaría e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación San Martiño, SAT nº 1422 XUGA, na asemblea xeral do 17 de decembro de 2015, que ratifica a acta da asemblea do 14 de outubro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar unha ampliación de capital social por importe total de 209.500 € con achegas en efectivo e en bens mobles de todos os socios. Como consecuencia desta ampliación, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Luis Lamas Losada

117.650 títulos

117.650 € de capital social

Pilar Lamas Laguela

117.650 títulos

117.650 € de capital social

Mª Isabel Carreira Braña

117.650 títulos

117.650 € de capital social

Mª Isabel Lamas Losada

117.650 títulos

117.650 € de capital social

Pedro Sanjurjo Losada

117.650 títulos

117.650 € de capital social

Diego Rodríguez Lamas

52.970 títulos

52.970 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 dos estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 641.220 € e estará representado por 641.220 títulos nominativos de 1 € cada un deles».

3. Aprobar a renovación da Xunta Reitora, que está formada polos socios: Luis Lamas Losada, presidente; Pilar Lamas Laguela, secretaria; Mª Isabel Carreira Braña, Mª Isabel Lamas Losada, Pedro Sanjurjo Losada e Diego Rodríguez Lamas, vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Floro, SAT nº 1315 XUGA, na asemblea xeral do 27 de novembro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Salomé Iglesias Conde, a quen se lle liquida a súa participación de 100 €. Como consecuencia desta baixa, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

José Manuel Rodríguez López

5.423 títulos

54.230 € de capital social

José Rodríguez López

5.423 títulos

54.230 € de capital social

Mª Dolores López Díaz

5.423 títulos

54.230 € de capital social

José Antonio Gómez Pol

10 títulos

100 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 dos estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 162.790 € e estará representado por 16.729 títulos nominativos de 10 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Modificar a Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Manuel Rodríguez López, presidente; José Rodríguez López, secretario; Mª Dolores López Díaz e José Antonio Gómez Pol, vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Fernández, SAT nº 1223 XUGA, na asemblea xeral do 22 de decembro de 2015, tomou o seguinte acordo:

1. Renovar a Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: María Aurora Seco Fernández, presidenta; Feliciano Fernández Linares, secretario, Jesús Fernández Vila e Venancio Seco García, vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Os Carrís, SAT nº 1253, nas asembleas xerais do 18 de decembro de 2015 e do 27 de outubro de 2014, en que se ratificaron as actas das asembleas xerais celebradas o 30 de xaneiro de 2009 e o 17 de febreiro de 2014, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a transmisión de 2.000 títulos do capital social de Claudio García Sánchez a Antonio Villar García, por importe de 20.000 €.

2. Aprobar as ampliacións de capital dos socios Ángel Santos Santos, Mª Ángela Alicia Río Ramos e José Corredoira Busto, que achegan cada un deles 10 € que representa un título nominativo.

3. Aceptar a incorporación de dous novos socios, José Manuel Seijas Río e Concepción Romero Santos.

José Manuel Seijas Río achega á sociedade un capital de 20.010 €, representados por 2.001 títulos, que lle transfire á socia Mª Ángela Alicia Río Ramos, quen diminúe o seu capital social por este importe.

Concepción Romero Santos achega á sociedade un capital de 20.010 €, representados por 2.001 títulos, que lle transfire ao socio José Corredoira Busto, quen diminúe o seu capital social por este importe.

4. Baixa definitiva e liquidación do socio Ángel Santos Santos segundo a Sentenza 428/2015, do 24 de novembro, coa conseguinte redución do capital social de 40.010 € correspondentes a 4.001 títulos do dito socio.

5. Como consecuencia de todas as modificacións, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Antonio Villar García

2.001 títulos

20.010 € de capital social

José Corredoira Busto

2.001 títulos

20.010 € de capital social

Claudio García Sánchez

2.001 títulos

20.010 € de capital social

Mª Ángela Alicia Río Ramos

2.001 títulos

20.010 € de capital social

Concepción Romero Santos

2.001 títulos

20.010 € de capital social

José Manuel Seijas Río

2.001 títulos

20.010 € de capital social

6. Modificar o artigo 2 dos estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 120.030 € e estará representado por 12.003 títulos nominativos de 10 € cada un deles».

7. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros.

8. Modificar a Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Antonio Villar García, presidente; José Corredoira Busto, secretario; Claudio García Sánchez, Mª Ángela Alicia Río Ramos, Concepción Romero Santos e José Manuel Seijas Río, vogais.

e) A sociedade agraria de transformación A Pementeira, SAT nº 1345 XUGA, na asemblea xeral do 21 de outubro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Ratificar a acta da asemblea xeral celebrada o 7 de xullo de 2015 pola que se aprobou a baixa voluntaria das socias Lidia Martínez Rarís e María Teresa García Boga.

2. Aprobar a baixa voluntaria da socia María Teresa Tubío Eitor & Hijas, S.L.

3. Aprobar unha ampliación de capital social baseándose nas achegas dos socios por importe de 40.000 €, representado por 400 títulos de 100 € de valor nominal.

4. Como consecuencia das baixas das socias e da ampliación de capital social, este queda distribuído entre os dezanove socios restantes a razón de 155 títulos por socio (15.500 €).

5. Modificar o artigo 2 do estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 294.500 € e estará representado por 2.945 títulos nominativos de 100 € cada un deles».

f) A sociedade agraria de transformación Boviporc, SAT nº 1237 XUGA, na asemblea xeral do 31 de decembro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Reducir o capital social nun importe de 161.838 € para compensar as perdas acumuladas pola entidade en exercicios anteriores. Este importe dedúcese da participación social a razón de 54 títulos por socio (159.070,85 €), figurando os 2.767,15 € restantes como débedas aos socios na contabilidade da SAT. Como consecuencia desta redución, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

José Luis Fernández López

46 títulos

45.954 € de capital social

Matilde López Fernández

46 títulos

45.954 € de capital social

Milagros Fernández López

46 títulos

45.954 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 dos estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 137.862 € e estará representado por 138 títulos nominativos de 999 € cada un deles».

g) A sociedade agraria de transformación Caseiro de Ernes, SAT nº 1086 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Laura Marcos Castro a quen se lle liquida a súa participación no capital social por importe de 301 €.

Como consecuencia desta baixa, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

José Marcos Muñiz

12.559 títulos

75.605,18 € de capital social

Jorge Marcos Castro

12.559 títulos

75.605,18 € de capital social

María Isabel Castro Pillado

12.559 títulos

75.605,18 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 226.815,54 € e estará representado por 37.677 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

4. Modificar a Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Jorge Marcos Castro, presidente; María Isabel Castro Pillado, secretaria; José Marcos Muñiz, vogal.

h) A sociedade agraria de transformación San Martín de Galegos, SAT nº 691 XUGA, na asemblea xeral do 30 de decembro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio José Antonio Rodríguez Pérez.

2. Aprobar a baixa do socio José María Martínez Rey, quen lle transmite as participacións no capital social á pretendida nova socia Élida Rey Carneiro.

3. Aprobar a alta da socia Élida Rey Carneiro.

Como consecuencia destas modificacións, o capital social queda distribuído do seguinte xeito:

Mª del Carmen Sánchez Rodríguez

256 títulos

156,16 € de capital social

José Ángel García Seoane

256 títulos

156,16 € de capital social

María Sánchez Sánchez

256 títulos

156,16 € de capital social

María del Carmen Maroño Mirás

256 títulos

156,16 € de capital social

Antonio Suárez Botana

256 títulos

156,16 € de capital social

Carlos Carnota Mirás

256 títulos

156,16 € de capital social

Rosalía Mirás Carneiro

256 títulos

156,16 € de capital social

María Jesús Rodríguez Couselo

256 títulos

156,16 € de capital social

Élida Rey Carneiro

256 títulos

156,16 € de capital social

María del Carmen Vieites Calvo

256 títulos

156,16 € de capital social

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social queda fixado en 1.561,60 € representado por 2.560 títulos nominativos de 0,61 € cada un deles».

5. Modificar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Mª del Carmen Sánchez Rodríguez, presidenta; José Ángel García Seoane, secretario; María Sánchez Sánchez, María del Carmen Maroño Mirás e Antonio Suárez Botana, vogais.

i) A sociedade agraria de transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 20 de decembro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Vicente Santos López, coa conseguinte liquidación do capital social.

2. Modificar o artigo 2 do estatuto social, como consecuencia da baixa do socio, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 3.804,64 € e está representado por 632 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles».

j) A sociedade agraria de transformación Seoane, SAT nº 843 XUGA, na asemblea xeral do 29 de decembro de 2015, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Rodríguez Seoane, quen lle transmite os seus 171 títulos de participación no capital social correspondentes a 2.648,79 € á pretendida nova socia Amparo Seoane Menéndez.

2. Aprobar a baixa do socio Juan Cores Diz, que lle transmite os seus 23 títulos de participación no capital social correspondentes a 356,27 € ao pretendido novo socio Said Ourrahoua.

3. Aprobar a alta dos socios Amparo Seoane Menéndez e Said Ourrahoua.

4. Aprobar a transmisión de 23 títulos de participación no capital social da socia Milagros Seoane Taboada á socia Amparo Seoane Menéndez, por importe de 356,27 €.

5. Como consecuencia do anterior, o capital social queda distribuído do seguinte xeito:

Xesús Seoane Taboada

194 títulos

3.005,06 € de capital social

Amparo Seoane Menéndez

194 títulos

3.005,06 € de capital social

Milagros Seoane Taboada

171 títulos

2.648,79 € de capital social

Said Ourrahoua

23 títulos

356,27 € de capital social

6. Modificar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Xesús Seoane Taboada, presidente; Milagros Seoane Taboada, secretaria; Amparo Seoane Menéndez e Said Ourrahoua, vogais.

k) A sociedade agraria de transformación Santa Lucía, SAT nº 1111 XUGA, na asemblea xeral do 1 de febreiro de 2016, que ratifica ás do 10 de novembro de 2015, do 7 de novembro de 2015 e do 23 de maio de 2015, en que acorda:

1. Aprobación da baixa con data do 31 de outubro de 2015 da socia Mª Josefa Rodríguez Ces e a liquidación do importe do capital social correspondente a 22.237 €, que lle serán desembolsados nun prazo de seis anos contados a partir da data de baixa da socia na SAT.

2. Aprobación da doazón de 51 títulos dun importe de 601 € cada un deles da socia Eladia Vidal Rivas ao socio Ramón Gónzález Teira.

3. Aprobación da doazón de 51 títulos dun importe de 601 € cada un deles da socia Mª Sofía Rodríguez Veiga ao socio Manuel Pérez Abeijón.

4. Debido á baixa e ás doazóns feitas entre os socios, o capital social cífrase en 308.914 € representado por 514 títulos de 601 € cada un deles, polo que este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María Sofía Rodríguez Veiga

129 títulos

77.529 € de capital social

Eladia Vidal Rivas

129 títulos

77.529 € de capital social

Manuel Abeijón Pérez

128 títulos

76.928 € de capital social

Ramón González Teira

128 títulos

76.928 € de capital social

5. Aprobación da modificación do artigo 11 do Estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora estará composta por catro membros que serán elixidos por un período de oito anos. A renovación parcial farase cada catro anos e poderán ser reelixidos.

6. Aprobar a renovación da súa Xunta Reitora que está formada por: Manuel Pérez Abeijón, presidente; María Sofía Rodríguez Veiga, secretaria; Eladia Vidal Rivas e Ramón González Teira, vogais.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de Transformación Maren, SAT nº 1204 XUGA, na asemblea xeral do 30 de novembro de 2015, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Remigio Lence Pallín, Enrique Graña Lence e María del Mar Iglesias Pérez.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias