Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de servizos, documentalmente simplificado, para a organización do traballo remunerado e a formación ocupacional dos menores infractores internados en centros de reeducación, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 81/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización do traballo remunerado dos menores internados en centros de reeducación e a súa formación laboral, en aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

b) Número de lotes: non.

c) Lugar de execución: centros de reeducación da Comunidade Autónoma galega.

d) Prazo de execución: 2 anos desde a data da súa sinatura (prevista para o 1 de abril de 2016).

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación previsto: 360.000 €. Actividade exenta de IVE.

5. Garantías.

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 69/981 54 57 61.

d) Telefax: 981 54 46 34/981 95 74 85.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 5.4.7.).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: no.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil de contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24014.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social