De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2016
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2012-0124.
Interesada: Talleres Aguifer Narón, S.L.
Acto notificado: 3ª imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2013-0116.
Interesado: Santiago Saborido Sanles (Autos Saborido).
Acto notificado: 3ª imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2013-0128.
Interesada: Hormigones del Noroeste, S.L.
Acto notificado: 2ª imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0163.
Interesado: Francisco Javier Insua Sobrido.
Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0195.
Interesado: Manuel Pérez Adán (Motos Adán).
Acto notificado: 1ª imposición de multa coercitiva.