1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.
2º. Enderezo: rúa Os Basquiños, 2.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
4º. Teléfono: 981 54 72 81.
5º. Telefax: 981 54 72 96.
6º. Correo electrónico: emigracion.contratacion@xunta.es
7º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
8º. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 4/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa Conecta con Galicia.
c) División por lotes: non leva.
d) Lugar e prazo de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.
e) CPV: 63510000-7 Servizos de axencias de viaxes e servizos similares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: 188.467,50 €, máis 3.532,50 € de IVE.
5. Garantías exixidas.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.
c) Solvencia técnica ou profesional: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, salvo que fose sábado, domingo ou festivo, neste caso prorrogarase ao día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro Xeral da Secretaría Xeral da Emigración.
2º. Enderezo: rúa Os Basquiños, 2.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.
b) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (acto público).
c) Hora: ás 10.00 horas.
9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración