Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (309/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 309/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio Castronovo contra a empresa Valecci, S.C. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 28/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 309/2015.

Demandante: Marco Antonio Castronovo.

Letrado: Sra. Morelo Bermúdez.

Demandado: Valecci, S.L.

Letrado: –

Sentenza 28/2016.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2016.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marco Antonio Castronovo contra a empresa Valecci, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 259,55 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 31,46 euros/día.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Valecci, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial