Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (62/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento sancións 62/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de UTE Abeconsa, S.L-San Martín, S.A. contra Consellería de Traballo e Benestar, José Manuel López Casais, Rehabitec Castro Pereiro, S.L., administración concursal Rehabitec Castro Pereiro (Carlos Víctor Roas Teijeiro) sobre sancións, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 30/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: impugnación de acto administrativo nº 62/2013.

Demandante: UTE Abeconsa, S.L.-San Martín, S.A.

Letrado: Sra. Álvarez Rodil.

Demandados:

– Consellería de Traballo e Benestar.

Letrado: Sra. Ruiz Cotelo.

– José Manuel López Casais: comparece por si mesmo.

– Rehabitec Castro Pereiro, S.L.

Letrado:

– Administración concursal de Rehabitec Castro Pereiro, S.L.: Sr. Roas Teijeiro.

Sentenza nº 30/2016.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2016.

Resolución:

1. Desestimo a demanda sobre impugnación de acto administrativo en materia laboral formulada pola UTE Abeconsa, S.L.-San Martín, S.A. fronte á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Rehabitec Castro Pereiro, S.L. e José Manuel López Casais e, en consecuencia, confirmo a resolución impugnada do 31.10.2012 na súa integridade e, igualmente, as sancións impostas á entidade demandante nela.

2. O administrador concursal de Rehabitec Castro Pereiro, S.L. deberá pasar polo establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Rehabitec Castro Pereiro, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial