De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
(LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
Primeiro. Notificar mediante a presente cédula a Galifoca, S.L. o Acordo do 8 de outubro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 15 Ar (parcela 10, polígono 76721) rúa das Comunicacións, sito en Lugo, relativo ao proxecto 01407 (expediente 2014/000471), cuxos datos se relacionan no anexo.
Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
Terceiro. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Cuarto. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01407-parque empresarial das Gándaras. TM Lugo.
Número de expediente: 2014/000471.
Persoa que se notifica: Galifoca, S.L.
Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo (Lugo).
Expropiada: Galifoca, S.L.
Beneficiaria: Xestur Lugo, S.A.
Predio número: 15 Ar (parcela 10, polígono 76721) rúa das Comunicacións.
Concello: Lugo.
Provincia: Lugo.
Valoración resolución do Xurado: 2.118,75 €.