Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 22 de outubro de 2015, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 15, sito en Pontevedra, relativo ao proxecto 01393 (expediente 2014/000010).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Rafael García Alonso o Acordo do 22 de outubro de 2015, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio nº 15 sito en Pontevedra relativo ao proxecto 01393 (expediente 2014/000010), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01393 urbanización da vía da rede arterial, novo acceso sur N-550, desdobramento da avenida de Vigo en desenvolvemento do PXOU. TM Pontevedra.

Número de expediente: 2014/000010.

Persoa que se notifica: Rafael García Alonso.

Expropiante: Concello de Pontevedra (Dirección Xeral Área de Urbanismo).

Expropiado: José Luis García Alonso e outros.

Beneficiario: Concello de Pontevedra (Dirección Xeral Área de Urbanismo).

Predio nº: 15.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 831.054,17 €.