Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2016, de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Paradela.

O Pleno do Concello de Paradela, na sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2016, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no lugar da Cortiña, Paradela.

De acordo co establecido no artigo 85.2, en relación co 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso, para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos máximo contados desde a devandita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do planeamento, tal e como se prevé na Lei 9/2002.

As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

– Quedan suspendidas as licenzas no ámbito identificado como Q-80 (plano 2.2) e aquelas que resulten contradictorias da aplicación de ambas as normativas na parcela de referencia catastral 7359027PH1375, situada no ámbito RE (3)-3 (plano 2.1).

Paradela, 29 de xaneiro de 2016

José Manuel Mato Díaz
Alcalde presidente