Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6410

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da policía local dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2016 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor na súa xuntanza do 11 de febreiro de 2016, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2016, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 11 de febreiro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que estean en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que de producirse esta situación os/as interesados deberán comunicarllo á Agasp de xeito inmediato. No caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar realizando efectivamente un curso non se emitirá ningún diploma del.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de quedaren prazas vacantes, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp ( htpp://agasp.xunta.es ), e non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de encontrarse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir a Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp; neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22), por correo electrónico ( formación.agasp@xunta.es ) ou de acordo co establecido no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios en unha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo de que en cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para seren destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, con polo menos 10 días naturais antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Todos aqueles que non figuren na relación non fosen seleccionados, ben porque ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas, ben porque foron excluídos por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto no artigo 59.6.b) da LRXPAC.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que consideren necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo/a xefe/a do corpo da policía local do concello en que traballe ou persoa responsable del.

No caso de cambios de cuadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os seus motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e con unha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que convoque o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nos cales a persoa figurase como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que polo menos teñan a mesma carga horaria do curso polo que foi penalizada.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, e poderán realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma. No caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior. En todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada non só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin ningún certificado acreditativo.

3. O alumnado que solicite cursos na modalidade de teleformación deberá dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

a) Ordenador con conexión á internet.

b) Calquera navegador web co plugin de flash.

c) Sistema operativo Windows 7.

No caso dos cursos de teleformación de contido informático, o/a alumno/a deberá posuír o programa informático de que se vai impartir o curso. Non será xustificación suficiente de renuncia do curso, unha vez seleccionado, non posuílo, e tal circunstancia será penalizada coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde a data da renuncia.

Sexta. Certificación

1. Para poder superar os cursos o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao finalizar estes.

2. No caso dos cursos de teleformación ou mixtos, para poder superalos é obrigatorio cumprir os seguintes requisitos:

a) Asistencia ás sesións presenciais que se determinen.

b) Correcta realización das actividades que o/a titor/a propoña no prazo que se determine.

c) Lectura detallada dos contidos do curso.

d) Superación das probas finais que se establezan e que se realizarán sempre nunha sesión presencial na Agasp.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Horas

Prazas

Data de comezo

Data de remate

161006

Violencia de xénero: actuación policial

20

25

14.3.2016

16.3.2016

161007

Controis alcoholemias/drogas

20

20

4.4.2016

6.4.2016

161008

Fotografía policial

32

20

11.4.2016

19.4.2016

161009

Falsidade documental en materia de tráfico

20

25

30.3.2016

1.4.2016

161011

Ciberseguridade: recollida e análise de evidencias dixitais

8

20

31.3.2016

31.3.2016

161012

Policía local e ambiente: animais domésticos e especies protexidas

12

25

13.4.2016

14.4.2016

161013

Organización e simplificación do traballo administrativo

12

25

6.6.2016

8.6.2016

161014

A Lei 4/2015, de seguridade cidadá

10

25

28.3.2016

29.3.2016

161015

A Lei 4/2015, de seguridade cidadá

10

25

21.4.2016

22.4.2016

161016

Policía administrativa de seguridade cidadá

16

25

10.5.2016

11.5.2016

161017

Control e rexistro de vehículos

20

20

21.6.2016

22.6.2016

161018

Binomios policiais

12

12

1.6.2016

2.6.2016

161019

Actualización normativa. RDL 6/2015

20

16

6.4.2016

14.4.2016

161020

Transporte de mercadorías perigosas

12

25

2.5.2016

3.5.2016

161021

Transporte escolar e de menores

12

25

9.5.2016

10.5.2016

161022

Transporte de produtos perecedoiros

12

25

18.5.2016

19.5.2016

161023

Tacógrafos dixitais

12

25

23.5.2016

24.5.2016

161024

Condución de motocicletas

8

16

9.6.2016

9.6.2016

161025

Condución 4 × 4

16

16

6.6.2016

7.6.2016

161026

Condución 4 × 4

16

16

8.6.2016

9.6.2016

161027

Monitor de educación viaria

25

20

23.5.2016

25.5.2016

161028

Elaboración de atestados e informes de tráfico

20

20

12.4.2016

20.4.2016

161029

Operadores de radar

20

20

12.4.2016

14.4.2016

161030

Previr e intervir nos casos de burn out

16

20

29.3.2016

30.3.2016

161031

Policía de proximidade: como empregar as redes sociais

16

20

26.4.2016

27.4.2016

161033

A ética policial

8

20

18.4.2016

18.4.2016

161034

A ética policial

8

20

28.4.2016

28.4.2016

161035

Negociación

16

20

18.5.2016

19.5.2016

161036

Diversidade cultural e trato

21

25

30.5.2016

1.6.2016

161037

Intervención da policía local como policía xudicial

16

25

4.4.2016

5.4.2016

161038

O estatuto da vítima

8

25

21.4.2016

21.4.2016

161039

O estatuto da vítima

8

25

28.4.2016

28.4.2016

161040

Atención a menores

16

25

25.5.2016

26.5.2016

161041

Reformas penais (Código penal e Lei de axuizamento criminal)

16

25

3.5.2016

4.5.2016

161042

Instrución de dilixencias policiais

21

25

13.6.2016

15.6.2016

161043

Dereito civil básico

8

25

23.5.2016

23.5.2016

161044

Dereito civil básico

8

25

24.5.2016

24.5.2016

161045

Policía local e ambiente: verteduras: toma de mostras

12

25

13.4.2016

14.4.2016

161046

Policía local e ambiente: residuos

12

25

20.4.2016

21.4.2016

161047

Policía local e ambiente: caza e pesca. Especial referencia ao furtivismo

12

25

27.4.2016

28.4.2016

161048

Policía local e ambiente: ruídos

12

25

4.5.2016

5.5.2016

161049

Policía local e ambiente: incendios

12

25

11.5.2016

12.5.2016

161050

Violencia de xénero: actuación policial

20

25

25.4.2016

27.4.2016

161051

Control de licenzas de establecementos públicos

16

25

3.5.2016

4.5.2016

161052

Bandas do leste: achegamento á cultura e actuación policial

8

25

16.6.2016

16.6.2016

161053

Curso básico no manexo da arma regulamentaria

20

18

11.4.2016

14.4.2016

161054

Curso básico de manexo de bastón extensible

20

20

12.4.2016

21.4.2016

161055

Tiro con resposta

8

20

1.6.2016

2.6.2016

161056

Autoprotección e intervención policial

25

20

25.4.2016

27.4.2016

161057

Protección de persoas e edificios

21

20

10.5.2016

12.5.2016

161058

Policía científica orientada á pequena delincuencia

16

20

20.4.2016

21.4.2016

161059

A inspección ocular

21

20

21.6.2016

23.6.2016

161060

Protección a vítimas de delitos violentos

20

20

4.5.2016

6.5.2016

161061

Introdución á linguaxe de signos

20

25

30.3.2016

8.4.2016

161062

Habilidades directivas

16

20

6.4.2016

7.4.2016

161063

Atropelos: investigación e reconstrución

25

25

10.5.2016

31.5.2016

161064

Básico de investigación de accidentes de tráfico: a toma de datos

30

25

12.4.2016

3.5.2016

161065

Intervención policial con entrada en lugares pechados. Avanzado

20

20

15.3.2016

31.3.2016