Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6120

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1194/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1194/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolasa María Ventureira Mata contra a empresa Xarodelia, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 8.11.2012 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Nicolasa María Ventureira Mata fronte a Xarodelia, S.L. e Fogasa, en ordinario, e admitida a trámite convocáronse as partes para os actos de conciliación e xuízo.

Segundo. No día da data chegaron a un acordo en conciliación, cuxo contido é o seguinte:

A empresa recoñece deber a cantidade de 2.506,67 € en concepto de indemnización por despedimento obxectivo e comprométese a aboalos en tres prazos de 835,55 € cada un; o primeiro pagamento será dentro dos dez primeiros días do mes de maio, o segundo nos dez primeiros días de xuño e o terceiro nos dez primeiros días de xullo. Esta cantidade será aboada no número de conta en que a traballadora viña percibindo a nómina.

A traballadora acepta o ofrecemento e coa percepción da cantidade estará totalmente saldada e finiquitada e non terá nada máis que reclamar á empresa. O incumprimento dun dos prazos pactados dará lugar á execución pola cantidade completa.

Parte dispositiva.

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e arquivar as actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada Xarodelia, S.L. e como administradora única da dita empresa a Adelina Antón Ferrera, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial