Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2015/249-1).

Expediente: IN407A 2015/249-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMTS, CTC e RBT Perlío, Campo Festa.

Concello: Fene.

Feitos:

1. O 24.8.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 197, do 15.10.2015 e no BOP núm. 189, do 2.10.2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Reforma do centro de transformación avda. de Tarrío tipo prefabricado de manobra exterior, transformador existente de 630 kVA, relación de transformación de 15.000/400 V. Substitúese o conxunto de celas por un novo conxunto 3L+1P e instálase unha ampliación para o cadro de BT.

Demolición de caseta de ladrillo e desmontaxe de transformador existente do CT Perlío Campo Festa (expte. 6976).

Primeiro tramo de liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, en condutor RHZ-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña que se vai instalar no CT avda. de Tarrío (expte. 247/07) e final nos empalmes que se vai realizar na LMTS ASN-706 no tramo entre o CT Perlío Campo da Festa (expte. 6976) que se vai retirar e o CT Eduardo Neira (expte. 480/06).

Segundo tramo de liña de media tensión soterrado a 15 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, en condutor RHZ-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña que se vai instalar no CT avda. de Tarrío (expte. 247/07) e final nos empalmes que se vai realizar na LMTS ASN-706 no tramo entre o CT Perlío Campo Festa (expte. 6976) que se vai retirar e o CT Perlío (expte. 290/02).

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 25.250,5 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña