Expediente: IN407A 2015/152-1.
Promotora: Udesa, S.A.
Denominación da instalación: punto fronteira Valderrama e LMTS 20 KV de interconexión a CT Camporrapado II-Boqueixón.
Concello: Boqueixón.
Feitos:
1. O 25.5.2015 Udesa, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm.126, do 7.7.2015 e no BOP núm.115, do 19.6.2015.
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
Instalación e montaxe do punto fronteira e manobra Valderrama en edificio prefabricado de formigón PFU-5 ou similar, incluíndo dúas zonas diferenciadas:
• Zona Unión Fenosa: unha cela de interruptor automático en baleiro de liña motorizada e unha cela de liña de remonte coas instalacións de Udesa, así como a correspondente instalación de servizos auxiliares.
•Zona Udesa: unha cela de interruptor automático en baleiro motorizada, unha cela de remonte, unha cela de medida, unha cela de liña e unha cela de protección do transformador, xunto a un transformador de 100 KVA, así como a correspondente instalación de servizos auxiliares, control, comunicación, protección e medida.
Tramo de liña soterrada de alta tensión de interconexión entre o punto fronteira Valderrama proxectado e o CT Camporrapado II existente, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 1.947 m de lonxitude.
Instalación dunha cela de liña no CT Camporrapado II existente para a liña de media tensión soterrada proxectada.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado, resolvo:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 12 de xaneiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña