Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2015/79-2, 8272 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: saídas RBTA/RBTS do CTC A Siñeira (CD 10714).

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

1. Centro de transformación prefabricado A Siñeira (CD 10714) cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia instalada de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

2. Liña aérea de baixa tensión do centro de transformación caseta A Siñeira (CD 10714) con orixe nun paso aéreo a soterrado e final na rede de baixa tensión existente, cunha lonxitude de 685 metros en condutor tipo RZ.

3. Liña aérea de baixa tensión do centro de transformación intemperie Coto Siñeira (CD 4887) con orixe no apoio proxectado nº 6 cunha lonxitude de 340 metros en condutor tipo RZ.

4. Liña soterrada de baixa tensión do centro de transformación caseta (CD 10714) con orixe no centro de transformación caseta A Siñeira e final no paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 260 metros en condutor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción
(DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de xaneiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo