A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 14 de xaneiro de 2016, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita na rúa Caleras (referencias catastrais 5887824PG6958N0001TD e 5887823PG6958N0001LD), O Barco de Valdeorras, presentado o 9 de outubro de 2015, promovido por Bernardo Girón Sánchez e redactado polo arquitecto Ezequiel Fernández Guinda.
En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese á información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.
A documentación do estudo de detalle poderase consultar no Departamento de Obras e Urbanismo do Concello do Barco de Valdeorras (praza do Concello, 2, Edificio Multiusos, 1º andar), en horario laboral, de luns a venres.
O Barco de Valdeorras, 22 de xaneiro de 2016
Alfredo García Rodríguez
Alcalde