O 2.2.2016 a Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o plan de sectorización número 1 (ampliación do polígono empresarial de Espiñeira, Boiro); así mesmo, aprobou o inicio dun período de exposición pública do expediente polo prazo dun mes (artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).
Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións pertinentes.
A documentación do expediente atópase ao dispor do público na Secretaría do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Boiro, 8 de febreiro de 2016
Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde