Intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polas que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notificarlles aos interesados o contido das ditas resolucións como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselles saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e que contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.
Lugo, 2 de febreiro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2015/154-2.
Nome: Agustín Yáñez López.
DNI/NIF: 33998718A.
Último enderezo coñecido: rúa San Roque, 57, baixo, 27700 Ribadeo (Lugo).
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Orde reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto).
Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e os requisitos exixidos na orde de convocatoria.
Data da resolución: 27 de novembro de 2015.
Nº de expediente: TR341D 2015/817-2.
Nome: Ryoji Todaka.
DNI/NIF: X5909338V.
Último enderezo coñecido: rúa Mestre Soutullo, 15, 1º B, 27002 Lugo.
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Orde reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto).
Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e os requisitos exixidos na orde de convocatoria.
Data da resolución: 24 de novembro de 2015.