Intentada a notificación das resolucións da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polas que se acorda a resolución de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das ditas resolucións como figuran no anexo, para que poidan ter coñecementos del.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido das resolucións administrativas.
Lugo, 2 de febreiro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2015/696-2.
Nome: María Sol Argerey Ríos.
DNI/NIF: 33344463Y.
Último enderezo coñecido: rúa Pintor Villamil, 1-3º A, 27004 Lugo.
Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido segundo o artigo 14 da Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Nº de expediente: TR341D 2015/699-2.
Nome: Nerea Silva Argerey.
DNI/NIF: 34282152P.
Último enderezo coñecido: rúa Pintor Villamil, 1-3º A, 27004 Lugo.
Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido segundo o artigo 14 da Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Nº de expediente: TR341D 2015/784-2.
Nome: Cristian García Martínez.
DNI/NIF: 34883062C.
Último enderezo coñecido: rúa Vicente Emilio Bouza, 5-7, 105, 27868 Viveiro (Lugo).