Advertida omisión no texto da referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro de 2016, procede facer a oportuna corrección.
Na páxina 3442, no punto 4) e antes da data, débese engadir o texto:
«O Tribunal Supremo, mediante Auto do 21 de setembro de 2015, acordou rectificar o erro material que se produciu no encabezamento e parte dispositiva da Sentenza do 15 de xullo de 2015, na cal figura como data da sentenza impugnada en casación a do 4 de xullo de 2015, que debe ser substituída pola do 4 de xullo de 2013.».