Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que, no procedemento ordinario 1199/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Olga Robles Santalla contra o Fondo de Garantía Salarial, Caña y Pinta, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Sentenza: 31/2016.
Xuíz: Javier López Cotelo.
Procedemento: reclamación de cantidade 1199/2014.
Demandante: Isabel Olga Robles Santalla.
Letrado: Sr. González Torres.
Demandada: Caña y Pinta, S.L.
Fogasa.
Sentenza 31/2016:
A Coruña, 21 de xaneiro de 2016.
Decisión:
– Desestimo a demanda formulada por Isabel Olga Robles Santalla fronte á empresa Caña y Pinta, S.L. e, en consecuencia, absolvo a esta de todo pedimento dirixida fronte a ela.
O Fogasa deberá pasar polo resolto.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.
Así o pronuncia, manda e asina.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.
E para que conste e lle sirva de notificación a Caña y Pinta, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2016
A secretaria xudicial