De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE); a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado á interesada que se cita no anexo sen que fose posible practicala, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o requirimento ditado no correspondente expediente de reclamación de débeda.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facer as alegacións que xulgue oportunas, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias do Servizo de Xestión Económica da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña (Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselle que, de non facer alegacións en tempo e forma, deberá aboar os gastos de estadía nos seguintes prazos, segundo o disposto no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria:
– Liquidacións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte ao da notificación.
– Liquidacións notificadas logo do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2016
María Pilar Caridad Alonso
Xefa Territorial da Coruña
ANEXO
Nome: Mónica Rabina González.
Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Electo Carballo, 31, 15174 Culleredo (A Coruña).
Expediente: reclamación de débeda por estadías na Residencia Asistida de Maiores de Oleiros.