Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015226AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 21 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015226AL-CO incoado a Andrés Nemesio Castro Yáñez.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Andrés Nemesio Castro Yáñez o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 15 de xaneiro de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2015226AL-CO.

Interesado: Andrés Nemesio Castro Yáñez.

DNI/NIF/CIF: 32660571L.

Último enderezo coñecido: Santa María, 30-1º, 15510 Neda.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro).

– Regulamento (CE) 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOUE do 30.4.2004).

– Regulamento (CE) nº 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

– Regulamento (CE) 1069/2009, do 21 de outubro, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO nº L 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

– Regulamento de execución (UE) nº 1337/2013 da Comisión, do 13 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire á indicación do país de orixe ou do lugar de procedencia para a carne fresca, refrixerada ou conxelada de porcino, ovino, cabrún e aves de curral.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.